Pestanas principais

Padrón municipal

    • Dirección: Praza do Concello, nº2, planta baixa, Bertamiráns. 15220. Ames.
    • Teléfonos: 881 07 47 09 – 881 07 47 11 – 881 07 47 07.
    • padron@concellodeames.gal.
    • Horario de atención ao público:
      • Luns a venres (excepto festivos), de 09:00 a 14:00 horas.
    • Horario especial de verán (do 15/06 ao 15/09):
      • Luns a venres (excepto festivos), de 08:30 a 13:30 horas.
    • Atención: presencial.
    • Solicitude de quenda de atención no Padrón municipal
Outros Datos: 

O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde consta a veciñanza dun concello. Os seus datos constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual no mesmo. As certificacións que se expidan destes datos terán carácter de documento público e fidedigno para todos os efectos administrativos.

Toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no Padrón do municipio no que resida habitualmente. Quen viva en varios municipios, ou en varios domicilios dentro do mesmo concello, deberá inscribirse unicamente no que habite durante máis tempo ao ano.

Os datos obrigatorios de identificación da inscrición no Padrón municipal son nome e apelidos, sexo, nacionalidade, lugar e data de nacemento e número do documento de identificación, así como titulación académica aos efectos de Censo Electoral.

Para calquera trámite padronal o documento de identidade que se presente ten que estar vixente e debe ser orixinal.

As persoas menores de idade non emancipadas e as maiores incapacitadas terán a mesma veciñanza que as nais ou pais que teñan a súa garda ou custodia ou, na súa falta, dos seus representantes legais, salvo autorización por escrito destes para residir noutro domicilio ou concello.

Cando unha persoa cambie de residencia deberá solicitar por escrito a súa alta no Padrón do municipio de destino comunicando na solicitude o municipio ou país de procedencia. En caso de descoñecer o concello da súa anterior inscrición padronal farao constar así.

TRÁMITES

Alta ou cambio de domicilio no Padrón:

  • Alta por cambio de residencia

Persoas que fixaron a súa residencia habitual no municipio de Ames con procedencia doutro municipio ou do estranxeiro.

  • Alta por nacemento

-Información de altas por nacemento

Realízase de oficio polo Concello a través da información facilitada polo Rexistro Civil, inscribíndose ao nado no domicilio no que figuren empadroados ambos ou un dos seus proxenitores, dándose preferencia neste último caso ao domicilio no que figure inscrita a nai. Tamén é posible dar de alta no Padrón aos recentemente nacidos a solicitude dos pais que teñan a súa garda ou custodia, ou, na súa falta, dos seus representantes legais.

  • Alta por Omisión

Persoas que, residindo habitualmente no concello de Ames, non figuran inscritas no Padrón ou descoñece o municipio da súa anterior inscrición padronal.

  • Cambio de domicilio no Padrón

Persoas que estando empadroadas no concello de Ames cambian a súa residencia a outro domicilio do municipio.

-Solicitude para menores de idade (nacemento / cambio de residencia / cambio de domicilio)

Baixas no Padrón:

  • Baixa por cambio de residencia
  • Baixa por falecemento
  • Baixa de oficio
  • Alegacións a baixa por inscrición indebida

Actualizacións do Padrón:

  • Modificación e actualizacións de datos persoais
  • Renovación da inscrición padronal dos estranxeiros non comunitarios sen autorización de residencia permanente (ENCSARP)
  • Confirmación de residencia de estranxeiros que non teñen obrigación de renovar a súa inscrición padronal (NON_ENCSARP)

Outros trámites:

Censo Electoral:

LEXISLACIÓN

  • Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, modificada en relación co Padrón Municipal pola Lei 4/1996, de 10 de Xaneiro.
  • Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais aprobado polo Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, modificado polo Real Decreto 2612/1996, de 20 de decembro.
  • Resolución do 29 de abril de 2020, da Presidencia do Instituto Nacional de Estatística e da Dirección Xeral de Cooperación Autonómica e Local, pola que se ditan instrucións técnicas aos Concellos sobre a xestión do Padrón municipal.
  • Real Decreto 3425/2000, de 15 de decembro, sobre inscrición dos españois nos Rexistros de Matricula das Oficinas Consulares no estranxeiro.
  • Real Decreto 240/2017, de 16 de febreiro, sobre a entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns membros dos Estados membros da Unión Europea e doutros Estados parte do Acordo sobre o Espazo Económico.
  • Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño do Réxime Electoral Xeneral, modificada pola Lei Orgánica 2/2011, de 28 de xaneiro.