Pestanas principais

Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable do Concello de Ames (PACES AMES)

O Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía consiste no compromiso dos concellos signatarios de facer propios os obxectivos da Unión Europea para o ano 2030 e reducir as emisións de CO2 no seu territorio en, polo menos, o 40% a través de medidas de eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovable, traballando á súa vez na implantación de medidas de adaptación ao cambio climático e aumento de resiliencia fronte a este, así como un aumento da cooperación coas autoridades locais e rexionais similares na UE e fóra dela para mellorar o acceso á enerxía segura, sostible e alcanzable.

Sectores como os municipais, residenciais e terciarios e o transporte considéranse sectores clave para a mitigación. As autoridades locais deberán concentrar os seus esforzos en reducir a demanda de enerxía nos seus territorios e adaptar a demanda enerxética á oferta promovendo a utilización de recursos enerxéticos locais.

Enlace á web oficial: www.pactodelosalcaldes.eu

PACES AMES
O Concello de Ames, cunha achega de 11.000 euros, comprométese co medio ambiente mediante un Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES). Ademais, debido a súa adhesión á iniciativa europea “Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía”, deberá integrar os aspectos relacionados coa mitigación e a adaptación nas políticas, estratexias e plans relevantes no prazo de dous anos a partir da decisión do Concello. Para o desenvolvemento do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable do Concello de Ames (PACES AMES) cóntase co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

O Concello de Ames adheriuse o pasado do 6 de marzo de 2018 á iniciativa europea, asumindo así os obxectivos en materia de mitigación de emisións de gases de efecto invernadoiro e adaptación ao cambio climático. Para cumprir os retos ecolóxicos, os asinantes do Pacto dos Alcaldes comprométense a realizar unha serie de actuacións. Entre elas, Ames deberá integrar os aspectos relacionados coa mitigación e a adaptación nas políticas, estratexias e plans relevantes no prazo de dous anos a partir da decisión do Concello.

Para levar a cabo o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES), o Concello de Ames conta cunha achega de 11.000 euros. Ames, que aprobou o PACES o pasado 27 de novembro de 2019, conta co Plan de Acción dende onte 16 de novembro Ames. Trátase dun proxecto subvencionado ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía Sostible. O principal obxectivo de dito proxecto é frear o cambio climático. É unha operación cofinanciada pola Unión Europea, a través do Fondo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Este Plan de Acción é o documento que apoia este compromiso. Conta con dous partes diferenciadas. Por unha banda, o Plan de Acción para a Enerxía Sostible (PACES), que ten como obxectivo a descarbonización do territorio municipal, reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro no territorio municipal nun 40% para o ano 2030, tomando como referencia o resultado do inventario de emisións producidas no ano 2015.

No conxunto do plan, a maior parte da redución de emisións recae sobre o transporte. É significativo tamén o peso que as accións programadas para o sector residencial, especialmente polo seu efecto multiplicador e transversal que garantirán o éxito do plan no seu conxunto.

Adaptación ao cambio climático
O Concello de Ames prevé a redución das emisións dos seus edificios en instalacións e equipamentos en 2030 cun 11% respecto ao ano 2015. Preténdese conseguir ditos obxectivos aplicando medidas destinadas ao aumento da eficiencia enerxética en edificios, instalacións e equipamentos públicos, emprego de fontes de enerxía renovable, a adquisición de enerxía verde certificada e a información e concienciación dos empregados públicos municipais. O resultado de redución de emisións en 2030, con respecto aos GEI emitidos polo conxunto dos sectores inventariados en 2015, é do 40%. Alcanzar unha redución do 40% de emisións en 2030 colocará ao Concello de Ames na senda de alcanzar a neutralidade climática para o ano 2050, obxectivo asumido pola política europea do clima.

A segunda parte do plan de acción refírese á adaptación ao cambio climático, definida a partir dunha avaliación de riscos, vulnerabilidades e fortalezas baseada en documentos que avalía os riscos de temperaturas e choiva extrema, seca, incendios forestais, subida do nivel do mar e inundación, etc. Estas avaliacións están baseadas en proxeccións climáticas de Meteogalicia, documentos de ámbito autonómico, como o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (PLADIGA) e o informe Plan Especial de Protección Civil ante o Risco de Inundacións en Galicia (INUNGAL), as avaliacións de risco de ámbito local dispoñibles, como o Plan municipal contra incendios forestais e a experiencia de fenómenos climatolóxicos extremos.
 
O desenvolvemento do Plan sustentarase no investimento público e privado. A execución do conxunto das medidas de adaptación que integran o Plan de Adaptación ao Cambio Climático, iniciadas en 2016, prolongaranse ata o 2030. Non obstante, a programación aprobada atende á necesaria correlación dalgunhas das accións programadas no tempo, xunto á dispoñibilidade financeira do Concello e doutras fontes de financiamento.