O proxecto do Plan de Mobilidade Urbana Sostible do Concello de Ames recolle a análise e o diagnóstico da situación actual de Ames no ámbito da mobilidade, así como tamén os diferentes programas de actuación a realizar e o plan de seguimento, ademais de incluír as suxestións presentadas no período de participación pública.
O servizo de redacción do PMUS está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) cunha taxa de cofinanciamento do 80% dentro do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014/2020, enmarcado dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Impulsa Ames, de conformidade coa Resolución do 21 de xullo de 2017, da Secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos, pola que se resolve a concesión definitiva de axudas da segunda convocatoria para a selección de estratexias de desenvolvemento urbano sostible e integrado.