Pestanas principais

Proceso selectivo de dous peóns para o departamento de Medio Ambiente

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio coa proposta de resolución do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de dous peóns para o departamento de Medio ambiente do Concello de Ames, subvencionada a través do programa de axudas PEL 2023. 

Fecha publicación: 
Xoves, 27 abril, 2023
Periodo Inscrición: 
xoves, 27 Abril, 2023 a luns, 1 Maio, 2023
Información adicional: 

No anuncio proponse a contratación laboral temporal, na modalidade de contrato para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, de dous peóns. Ademais, propóñense os candidatos para a elaboración dunha lista de agarda válida para a cobertura de posibles substitucións. Contra dito acordo, que non pon fin a vía administrativa, os interesados/as poderán interpoñer recurso de alzada ante o órgano superior xerárquico, alcalde-presidente da Corporación, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente proposta do tribunal cualificador, conforme ao disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 

Fases del proceso: 
06/06/2023
Resolución do proceso selectivo para a contratación de dous peóns para o departamento de Medio ambiente
31/05/2023
Anuncio sobre a realización e corrección do segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a contratación de dous peóns para o departamento de Medio ambiente
26/05/2023
Anuncio dos resultados do exame CELGA 1 e fixación de data para a realización do segundo exercicio do proceso selectivo de dous peóns para o departamento de Medio ambiente
23/05/2023
Listaxe definitiva de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a contratación laboral temporal de dous peóns para o Departamento de Medio ambiente
15/05/2023
Listaxe provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a contratación laboral temporal de dous peóns para o Departamento de Medio ambiente
27/04/2023
Anuncio do proceso selectivo de dous peóns para o departamento de Medio Ambiente