O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre o nomeamento dun/unha Axente Local de Innovación como funcionario interino para a execución do programa de carácter temporal "Innova Ames II". As bases de dito proceso selectivo saíron publicadas o venres 17 de febreiro de 2023, no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
No anuncio, noméase ao aspirante que se presentou ao exame como funcionario interino para a execución do programa de carácter temporal "Innova Ames II" como Axente Local de Innovación. Os aspirantes poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data, na forma prevista na lexislación reguladora de dita xurisdición contenciosoadministrativa.
Resultado do proceso para a selección dun/unha Axente Local de Innovación
Anexo | Tamaño |
---|---|
154.73 KB |
Fixación da data de exame do proceso selectivo de Axente Local de Innovación
Anexo | Tamaño |
---|---|
328.57 KB |
Bases do proceso selectivo para a selección dun Axente Local de Innovación
Anexo | Tamaño |
---|---|
150.1 KB |
Anexo I-modelo de solicitude para o proceso selectivo dun Axente Local de Innovación
Anexo | Tamaño |
---|---|
65.79 KB |