O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio publicado no BOP sobre a convocatoria e aprobación das bases do proceso selectivo para a selección e nomeamento dun/ha Axente Local de Innovación como funcionario interino/a e constitución dunha bolsa de emprego no posto de “Axente Local de innovación. Red Impulso”.
As solicitudes para formar parte no proceso selectivo presentaranse, conforme ao modelo que figura como ANEXO I das presentes bases, no rexistro xeral do Concello de Ames ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da respectiva convocatoria no BOP. As solicitudes poden presentarse ata o día 7 de febreiro (inclusive).