Pestanas principais

Recomendacións para a participación nas redes sociais municipais

    • Mantén sempre o respecto e a educación.
    • Ignora insultos ou provocacións.
    • Intercambia argumentos.
    • Respecta a privacidade do resto da comunidade.
    • Axústate ao tema.

    • Abstente de ...  

    • Publicar comentarios con carga racista, sexista, homófoba ou discriminatoria con algún colectivo específico.
    • Insultar a outros/as usuarios/as ou persoal municipal.
    • Suplantar a identidade de outras persoas.
    • Usar as redes municipais como portal para propaganda ou SPAM.

-O Concello de Ames resérvase o dereito a borrar os comentarios que non cumpran cos criterios marcados.
-Os/as usuarios/as que incumpran de forma repetitiva estas pautas poderán ser bloqueados temporalmente.
-O Concello de Ames só se responsabiliza das mensaxes emitidas a través das súas canles oficiais.