- Tipo
- Tematica
A Aula da Natureza organiza unha nova actividade dentro da súa programación deste outono. Trátase dun obradoiro de artesanía no que cada participante elaborará o seu propio tapiz con fibras naturais e nós de macramé. O taller terá lugar os días 12 e 13 de novembro nas instalacións da Aula, no lugar de Quintáns, pertencente á parroquia da Ameixenda, e haberá servizo de autobús dende O Milladoiro e Bertamiráns. Para participar é necesario inscribirse previamente. O prazo de inscrición estará aberto ata o 11 de novembro, e é preciso enviar a ficha de inscrición ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.
O curso terá unha duración de dúas xornadas: o sábado 12 desenvolverase de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 horas, e o domingo 13, de 11:00 a 13:30. Haberá servizo de autobús, que sairá ás 10:30 dende a Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10:45 dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns.