Martes, 18 abril, 2023
Ás 20:00 horas
- Tipo
- Tematica
A Concellería de Cultura pon un ano máis en marcha a iniciativa "Abril de Cine", que ten como obxectivo achegar o cinema galego á veciñanza amesá. O martes 18 de abril, ás 20:00 horas, proxectarase no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro "As bestas", a gran triunfadora dos Premios Goya deste 2023 (levou, entre outros, os galardóns a mellor película, mellor dirección ou mellor guión orixinal). As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.
O filme "As bestas" baséase en feitos reais, e conta como a chegada dunha parella francesa a unha case deshabitada aldea inicia unha disputa veciñal que remata en traxedia.