- Tipo
- Tematica
A Concellería de Cultura pon un ano máis en marcha a iniciativa "Abril de Cine", que ten como obxectivo achegar o cinema galego á veciñanza amesá. A primeira das pezas audiovisuais que se proxectará no marco deste programa será "O corpo aberto". A sesión terá lugar o martes 4 de abril, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.
"O corpo aberto" gañou 12 galardóns nos Mestre Mateo (entre eles, mellor película, mellor dirección e mellor guión). Na película nárrase a historia de Miguel, un profesor destinado a un pobo na fronteira entre España e Portugal que deberá adaptarse a un territorio pouco hospitalario e habitado por persoas ásperas e de tradicións remotas, ao tempo que se comeza a interesar por unha veciña da localidade, a enigmática Dorinda.