Pestanas principais

>Abril de cine: "Prefiro condenarme"

Xoves, 3 abril, 2025
Ás 20.00 horas

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, desenvolve, un ano máis, o programa cultural Abril de Cine no que a veciñanza poderá gozar ao longo de todo o mes de diferentes propostas de cinema galego. Desta volta, todos os filmes teñen un mesmo nexo en común: o desarraigamento. Esta edición estará composta por tres sesións; nas dúas primeiras proxectaranse longametraxes en formato documental e na última das citas, exhibiranse catro curtametraxes de temáticas e formatos moi amplos, como a comedia filosófica ou, de novo, o formato documental. Todas as sesións se desenvolverán ás 20.00 horas no Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro.

A primeira das sesións terá lugar o vindeiro xoves 3 de abril coa película “Prefiro condenarme”, dirixida por Margarita Ledo, recoñecida xornalista, cineasta e escritora galega e que, entre outros logros, se converteu na primeira muller en conseguir o Premio Otero Pedrayo no 2017. Estreada o pasado 2024 e galardoada no Festival de Sevilla e no Locarmo Pro, esta película narra a historia de Sagrario, unha mariscadora da ría de Ferrol que afronta unha complicada situación familiar e, ademais, un xuízo por adulterio aos 33 anos debido á filla que ten co seu amante, un carpinteiro “digno de querer”.