- Tipo
- Tematica
O Club Ribeiras do Tambre, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organiza para o mércores 16 e o xoves 17 de abril, coincidindo coa Semana Santa, unhas xornada de iniciación ao piragüismo que se desenvolverán na praia fluvial de Tapia entre as 11:00 e as 13:00 horas. A través desta actividade búscase que os amesáns e as amesás que o desexen poidan aprender a dominar esta embarcación. Para participar nesta actividade hai que inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo info@ribeirasdotambre.es. Estas xornadas son gratuítas e non hai límite de prazas.
Este ano o Club Ribeiras do Tambre decidiu ampliar a súa oferta de actividades de piragüismo cunhas novas xornadas que se van a desenvolver durante a Semana Santa. Deste xeito, para o mércores 16 e mailo xoves 17 de abril organízanse dúas xornadas de iniciación ao piragüismo, en horario de 11.00 a 13.00 horas, na praia fluvial de Tapia. Durante a mañá, os e as participantes aprenderán a subirse a unha piragua, a manter o equilibrio e a manexar as palas para que a embarcación se desprace correctamente.
Así, todas as persoas que desexen iniciarse no deporte do piragüismo poderán participar nestas xornadas. Os únicos requisitos para participar na actividade serán ter de 8 a 14 anos e saber nadar. O persoal do Club Piragüismo Ribeiras do Tambre encárgase de organizar e impartir esta actividade. Ademais, cóntase coa colaboración do Concello de Ames e da Deputación da Coruña.
Para participar nesta actividade, que é gratuíta, hai que inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo info@ribeirasdotambre.es. Para máis información poden enviar un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal ou chamar ao número de teléfono 619 842 504.
