- Tipo
- Tematica
Organizada pola Concellaría de Turismo, hoxe, 27 de novembro, ás 20:30 horas na Casa de Cultura de Milladoiro, a Compañía “Os Quinquilláns” representarán a obra de teatro “A pluma de Rosalía”.
A entrada é de balde e os convites deben reservarse na billetera municipal.
Baseada nun feito real de censura á obra de Rosalia de Castro, “A pluma de Rosalía” aborda o acto violento que tivo lugar no ano 1864 na imprenta Soto e Freire de Lugo nas vésperas do día no que ían publicarse catro textos brillantes, satíricos e retranqueiros da escritora.
A actividade está enmarcada no programa que o Concello de Ames elaborou para a conmemoración do Día Internacional de eliminación da violencia contra a muller.
Está organizada pola Concellaría de Turismo en colaboración con Terras de Compostela e forma parte do programa de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia “Fala Redes”.