- Tematica
O Concello de Ames, as comisións de festas do Milladoiro e da Peregrina e XEA colaboran este ano para sumar once días de celebración no cartel “Ames en Festas”, que encadea as festas da Madalena do Milladoiro, do xoves 4 ao martes 9, e as festas da Peregrina de Bertamiráns, do martes 9 ao domingo 14 de agosto. Premendo nesta ligazón pódese consultar o folleto informativo de “Ames en Festas” 2022.
O xoves 11 continuarán as festas da Peregrina de Bertamiráns, un día que arrincará cuns inchables acuáticos no parque do Ameneiral, instalados pola Concellaría de Deportes de 16:30 a 20:30 horas. A música e a verbena chegarán a partir do serán, con dúas actuacións organizadas polo Concello de Ames. Ás 20:30 horas será a quenda do grupo A Banda da Loba, cun concerto na praza da Maía, que deixará paso a unha nova noite de verbena coa orquestra Gran Parada, ás 23:00 horas no campo da festa da Peregrina.