- Tematica
O Concello de Ames, as comisións de festas do Milladoiro e da Peregrina e XEA colaboran este ano para sumar once días de celebración no cartel “Ames en Festas”, que encadea as festas da Madalena do Milladoiro, do xoves 4 ao martes 9, e as festas da Peregrina de Bertamiráns, do martes 9 ao domingo 14 de agosto. Premendo nesta ligazón pódese consultar o folleto informativo de “Ames en Festas” 2022.
Xa na segunda semana do mes, o luns 8, abrirase a xornada no Milladoiro cun pasarrúas coa charanga Tíralle do Aire, e con vermú na cafetería da Casa da Cultura, ás 12:45; no Café Bar Dublín, ás 13:00 horas, e no Café Bar Jisma, ás 14:15 horas. Pola tarde será a quenda para as crianzas, coa actuación de Cé Orquestra Pantasma na praza Manuel Murguía, ás 19:30 horas, como parte da programación da Concellaría de Promoción Económica “AmesON de verán”. Pechará a xornada unha nova proposta de verbena da comisión de festas do Milladoiro, coa orquestra Los Coleguitas e o grupo Puzzle, a partir das 21:30 horas na travesía do Porto.