- Tipo
- Tematica
O Ames Jazz volve un ano máis para celebrar a súa sexta edición, e repite formato. Por segunda vez na súa historia, o festival durará dous días, o venres 7 e o sábado 8 de xullo, e conta, ademais de cos habituais concertos, coa proxección de dous documentais que gardan relación co xénero musical.
Na segunda xornada actuará o trío Alejandro Vargas. O pianista que lle da nome ao grupo, natural de Holguín (Cuba), leva afincado en Galicia dende hai máis dunha década, tras unha longa traxectoria musical no seu país. A súa carreira está principalmente vinculada ao jazz e á música contemporánea. Chegará a Ames acompañado de José Manuel Díaz no contrabaixo e de Carlos Freire na batería. O concerto realizarase no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns.