Sábado, 18 marzo, 2023
A partir das 9.00 horas
- Tipo
- Tematica
A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, dentro do seu programa de Andainas Saudables, organiza para o sábado 18 de marzo unha nova actividade. Trátase da primeira etapa do Camiño de Santiago desde o Barbanza “A Orixe”. Percorrerase unha distancia aproximada de 14,5 quilómetros entre o Faro de Corrubedo e o aparcamento da praia do Vilar. Haberá servizo de autobús, con saída dende a praza do Concello de Bertamiráns ás 9:00 horas e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:15 hora. As inscrición pódense facer ata o xoves 16 de marzo, ás 14:00 horas. Para inscribirse pódese premer nesta ligazón ou escanear o código QR do cartel.