- Tipo
- Tematica
A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde dálle continuidade ao programa municipal de andainas saudables cunha nova actividade pola ruta da Illa de Arousa. Esta ruta que se realizará o vindeiro sábado, 18 de xuño, ten unha distancia aproximada de 12 quilómetros. As persoas que desexen participar poden inscribirse no enderezo electrónico promociondasaude@concellodeames.gal ata o xoves, 16 de xuño, ás 14:00 horas. Haberá servizo de autobuses, que sairán ás 9:00 horas da praza do Concello, en Bertamiráns, e ás 9:15 horas da Casa da Cultura do Milladoiro. Ofértanse 70 prazas para esta actividade.
A Concellaría de Promoción da Saúde organiza unha nova andaina para o sábado, 18 de xuño. Nesta ocasión será pola ruta da Illa de Arousa, que dispón dunha rede de camiños tradicionais, que sen grandes dificultades, achégannos a calquera dos recunchos da costa ou ao punto máis alto da illa como é o Miradoiro O Con do Forno, dende onde se poden contemplar as mellores vistas de toda a illa. Os/as participantes nesta andaina terán que andar uns 12 quilómetros aproximadamente, polo que se recomenda levar roupa e calzado cómodo, así como auga para hidratarse.
As persoas interesadas en realizar esta ruta, poden apuntarse ata o día 16 de xuño, ás 14.00 horas, enviando un correo electrónico ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal. Haberá servizo de autobuses, que sairán ás 9:00 horas da praza do Concello, en Bertamiráns, e ás 9:15 horas da Casa da Cultura do Milladoiro. Ofértanse 70 prazas para esta actividade.