Pestanas principais

> Apego: “Historias con susto para durmir a gusto” con Vero Rilo e Sonsoles Penadique

Venres, 4 novembro, 2022
ás 19:00 horas

O programa Apego de Ames arrinca novembro cunha proposta especial polo Samaín. Vero Rilo e Sonsoles Penadique conducirán unha sesión de narrativa oral para achegarnos ao conto tradicional con relatos, música, historias con amor e desgusto, sustos e só algo de medo. A proposta, dirixida a familias con crianzas a partir de 5 anos, terá lugar o venres 4 de novembro ás 19:00 horas, no xardín do Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Para participar, cómpre inscribirse do 25 de outubro ao 3 de novembro, enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade das nenas e nenos.