Venres, 28 abril, 2023
Ás 18:00 horas
- Tipo
- Tematica
O programa Apego trae no mes de abril unha nova actividade, o obradoiro de regueifas, con Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, que terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro. Trátase dunha sesión lúdica e moi divertida para crianzas a partir dos 3 anos. A iniciativa busca xogar coas palabras e ca música para achegar aos pequenos á arte de regueifar, un divertimento creativo e emocionante que busca crear vínculos de apego á lingua galega. Participar é de balde, e para facelo é necesario inscribirse (entre o 20 e o 27 de abril) mandando un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que se indiquen nomes e apelidos dos asistentes e a idade dos rapaces/as que vaian, así como un número de teléfono de contacto.