Pestanas principais

>Aula da Natureza: Cacho de San Xoán

Sábado, 21 xuño, 2025
De 18.00 a 20.00 horas

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para estes meses de primavera, na que se inclúen varios obradoiros e visitas guiadas para gozar da paraxe que nos ofrece a natureza nesta época do ano. A última das actividades que terá lugar será a actividade “Cacho de San Xoán polos camiños do Milladoiro”, que se celebrará o 21 de xuño, ás portas do verán, e está relacionada coa tradición vinculada ás herbas da noite do 23 de xuño (Víspera do día de San Xoán).