Pestanas principais

>Batida de recollida de lixo pola carballeira de Castrigo

Sábado, 12 decembro, 2020
Ás 10.00 horas.

Este sábado 12 de decembro organízase “Basuraleza: 1m pola contorna”, unha batida de lixo pola zona de Castrigo, en Bertamiráns. O prazo de inscrición está a aberto até o venres 11 de decembro ás 14.00 horas. Débese enviar un  correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

 A Aula da Natureza, tras varias iniciativas de recollida de lixo polo río do Concello de Ames, esta vez súmase ao Proxecto Libera, organizado pola ONG SeoBirdLife e Ecoembes. 

Deste xeito, o Concello organiza unha batida de recollida de lixo polos montes e bosques de Bertamiráns, na zona de Castrigo. “Basuraleza: 1m pola contorna” é unha actividade que ten como obxectivo frear as consecuencias do lixo abandonado en zonas naturais e concienciar e mobilizar á veciñanza.  

O punto de partida é na praza do Concello ás 10.30 horas. Tras o percorrido pola carballeira, analizarase o lixo recollido nunha parcela de 5x100 metros. Neste recinto, clasificaranse os residuos por natureza (plástico, vidrio, cartón...), por procedencia ( humana, industrial...) e por tamaño. Unha vez feito o estudo, pasaranse os datos as coordinadore do Proxecto Libera.