Pestanas principais

>"A biblioteca galáctica conta a IA fantástica" de Taraxina Teatro

Luns, 9 xuño, 2025
Ás 17.30 horas

O espectáculo de teatro infantil "A biblioteca galáctica contra a IA fantástica", a cargo de Tanxarina, compañía de títeres, baseado no libro de Carlos Labraña chegará o luns, 9 de xuño, ao auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 17.30 horas. Esta actividade está dirixida ao público familiar. Os convites para asistir ao concerto poden adquirirse na Billeteira electónica.

Esta adaptación teatral da novela de Carlos Labraña é un canto á amizade, á solidariedade e, sobre todo, unha defensa dos libros, da lectura e da palabra escrita fronte a unha Intelixencia Artificial inminente que quere acabar coa imaxinación e a fantasía.