- Tipo
A celebración das Letras Galegas en Ames chega ao seu fin este venres, 31 de maio, na Casa da Cultura de Bertamiráns co show Canta, miña pedra, canta. Un espectáculo musical con elementos teatrais e de participación activa durante o que Xoán Curiel porá música a algunhas das cantigas recollidas por Antón Fraguas na súa obra compilación “Cantigueiro de Cotobade”, ademais da interpretación de varias cancións propias inspiradas na obra e vida do autor pontevedrés. Charo Pita, pola súa banda, enriquecerá a actuación cunha mostra de distintos contos populares galegos, extraídos do libro O fillo do rei e outros contos populares galegos, co obxectivo de achegarlle aos rapaces este ámbito da cultura galaica. O espectáculo, dirixido a un público infantil e familiar, será de entrada libre e gratuíta ata completar aforo.