- Tipo
- Tematica
A carreira da muller “Moitos camiños, mesma meta”, que estaba prevista para o pasado venres 8 de marzo, celebrarase o venres 22 de marzo. Esta actividade forma parte da programación do Día Internacional da Muller 2024. A proba suspendeuse debido a que a previsión meteorolóxica apuntaba choiva para o pasado 8 de marzo. Trátase dunha proba deportiva na que os participantes deberán enfrontarse a nove obstáculos ao longo de 600 metros, que se poden recorrer correndo ou andando, e con ou sen axuda de compañeiros/as. Non se trata dunha cita competitiva, senón dunha proba que busca reivindicar as dificultades ás que se enfrontan todas as mulleres no seu día a día. Cada atranco simbolizará un reto distinto.
Trátase dunha proba deportiva na que os participantes deberán enfrontarse a nove obstáculos ao longo de 600 metros, que se poden recorrer correndo ou andando, e con ou sen axuda de compañeiros/as. Non se trata dunha cita competitiva, senón dunha proba que busca reivindicar as dificultades ás que se enfrontan todas as mulleres no seu día a día. Cada atranco simbolizará un reto distinto.
O percorrido poderase realizar de maneira individual ou con compañía. Ademais, búscase fomentar a participación do público familiar e propiciar o debate social sobre aspectos como a conciliación ou a corresponsabilidade. Por este motivo, esta carreira está pensada para tódalas persoas maiores de 5 anos. No caso dos menores, deberán acudir acompañados dun adulto.