Pestanas principais

>Carreira “Moitos camiños, mesma meta”

Sábado, 8 marzo, 2025
Ás 11.30 horas

O propio Día Internacional da Muller, o 8M, celebrarase o tradicional acto institucional na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 11:00 horas. Nel farase a lectura do manifesto institucional e repartirase material promocional.

De seguido, o sábado 8 de marzo, ás 11.30 horas, celebrarase a quinta edición da carreira “Moitos camiños, mesma meta”, unha cita non competitiva e lúdica na que as persoas participantes percorrerán uns 600 metros e se enfrontarán a 9 obstáculos. O obxectivo é reivindicar, a través dos diferentes obstáculos que se poñen na proba, todos os atrancos aos que as mulleres se ven sometidas no día a día.

Ditos obstáculos pódense completar de maneira individual ou con axuda de calquera persoa. As inscricións pódense facer de balde premendo nesta ligazón ou de forma presencial en Gabinete de Alcaldía, na Casa do Concello, ata o mércores 5 de marzo ás 14:00 horas. Establécese un límite de prazas para 400 persoas. Na proba poderá participar calquera persoa que teña cumpridos os 5 anos. Os menores deberán acudir acompañados dun adulto. A recollida de dorsais poderase facer a partir das 10:30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro.

Trala carreira haberá sorteo de agasallos grazas á colaboración de Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), que colabora nesta iniciativa con diversos premios. Cada participante na carreira participará en dito sorteo co número do seu dorsal.