- Tipo
- Tematica
O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle o venres, 30 de xuño, a primeira edición da cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames. Trátase dun evento que está organizado por Xuntanza de Empresarios de Ames, Obra Social Pediatría e Albarín catering e eventos, e no que colabora o Concello de Ames. O obxectivo desta iniciativa é recadar fondos para contribuír á investigación sanitaria e ao incremento da calidade asistencial dos pacientes pediátricos do CHUS. O prezo do menú será de 30 euros para os adultos e de 15 euros para os rapaces e rapazas de 6 a 12 anos. Para os nenos e nenas de ata 6 anos a entrada será gratuíta. Destes importes, 5 euros son de donativo. Premendo nesta ligazón podes acceder ao formulario que hai que cubrir para mercar as entradas da cea e á información da Fila Cero por se queres realizar un donativo. Para obter máis información tamén se pode chamar ao número de teléfono 641 11 60 05.