- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, organizou unha programación específica para conmemorar a II Semana Europea da Mobilidade. A programación comeza o xoves, 17 de setembro, coa charla Querémoste seguro/a, que impartirá a axente da Policía Local, Cristina Ferreira, ás 18.30 horas, no local social do Club de xubilados do Milladoiro.
Esta charla está dirixida a persoas maiores é tratará sobre seguridade viaria e sobre as inquedanzas que teñen as persoas maiores sobre a mobilidade no concello. Para participar nesta actividade non é preciso inscribirse previamente. Entre as persoas que participen en dita charla repartiranse chalecos reflectantes e folletos informativos con diferentes recomendacións de seguridade viaria. Preme aquí para descargar o folleto informativo da charla Querémoste segura/o.