Mércores, 13 marzo, 2024
Ás 18:30 horas
- Tipo
- Tematica
Ao longo de marzo, o mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará tres charlas sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en hábitos saudables e do ámbito da saúde. O mércores 13 de marzo, ás 18: 30 horas, será a quenda da psicóloga Mónica Antelo, que impartirá "Quen coida ao coidador" na Casa dos Maiores de Bertamiráns.