Mércores, 27 outubro, 2021
Ás 19:00
- Tipo
Coincidindo ca semana de sensibilización sobre o dano cerebral adquirido, a Casa dos Maiores de Milladoiro acolle hoxe mércores, 27 de outubro, ás 19:00 horas, unha charla informativa sobre esta doenza.
Alba Mouzo, terapeuta ocupacional da Asociación Sarela (Asociación de Dano Cerebral de Compostela) será a encargada de impartir esta charla que leva por título "Dano Cerebral".
Na charla abordaranse temas como: que é o Ictus e cal é a súa primeira causa, que recursos especializados existen para tratalo e como previlo.
O evento é de balde e a entrada é libre até completar aforo.