- Tipo
- Tematica
O ciclo "Cine con nome de muller" é unha iniciativa organizada polo Concello de Ames que conta coa colaboración de Zenit TV e Minervas Voice, e que pretende poñer en valor a vida dalgunhas mulleres galegas que foron pioneiras en distintos ámbitos nos dous últimos séculos a través do cine. O día 27 de abril proxectarase "Juana de Vega, vizcondesa do arado" no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20:30 horas. A través de dito filme preténdese reivindicar a figura da coruñesa, que tivo unha enorme influencia na vida social e política de España, que foi testemuña-participante e memoria viva da revolución liberal; e que educou á raíña Isabel II e á infanta Luisa Fernanda, ás que quixo formar de acordo co que entendía que era a civilización do século, encarnada no progreso e nos principios da monarquía constitucional. Os convites, de balde, xa se poden descargar a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.