- Tipo
- Tematica
O mércores 17 de novembro, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns proxectarase o cine documental, dirixido a adultos, "Nación". A sesión inclúe un coloquio antes da proxección coa directora, Margarita Ledo. Reserve o seu convite na billeteira electrónica.
Baixo a dirección de Margarita Ledo Andión, a película trasládase a 1969 cando Nieves Lusquiños entra a traballar na fábrica de louza “Pontesa”aos 14 años. Lembra o primeiro sobre coa paga semanal, un sobre beis, non moi grande que tén que entregar na casa pero que a fai sentirse importante. Aos 19 estrea vacacións co seu Dyane 6 amarelo e descapotábel, estrea reunións prohibidas, os gintonic en “Flope”… até que un día o patrón deixa de pagar. ¿Traballar sen cobrar? Iso nin falar. Non traballades gratis, por favor. “¡A la mierda!”, exclama Nieves.