- Tipo
Volve o Festival Internacional de Cine Infantil, Cinema Miúdo, un evento que busca que a cativada da casa desfrute dunha selección de curtas chegadas de todo o mundo, ademais dunha serie de actividades paralelas como o taller de stop motion, de maquillaxe de efectos especiais ou a festa dos videoclips.
A axenda de actividades dará comezo o vindeiro venres, 10 de decembro, ás 17,00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Será a xornalista, Loly Gómez, a encargada de presentar o Festival. Ademais, haberá unha actuación de maxia a cargo do ilusionista, Carlos Tomico, da compañía “Maxia na manga”. A primeira sesión será da sección de “Axóuxeres” (para rapazada a partir de dous anos). Os convites xa están dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Ames.