- Tipo
- Tematica
A Escola Municipal de Teatro de Ames prepara as súas mostras de fin de curso, nas que o alumnado representará ante o público varias obras adaptadas. As funcións darán comezo o mércores 14 de xuño, e alongaranse ata o vindeiro mércores, día 21. Participarán os grupos con idades de entre 3 e 6 anos, entre 7 e 11 e os maiores de 12 anos. A dirección da escola corre a cargo da compañía Talía Teatro, con Marta Ríos e Diego Rey como encargados de impartir a formación.
O martes día 20, o alumnado da Escola Municipal de Teatro trasládase á Casa da Cultura de Bertamiráns para representar diversas funcións. Ás 17:30 horas será a quenda do grupo infantil que comprende aos nenos e nenas de entre 3 e 6 anos, que arrincarán con “Xoguemos ao teatro”. O segundo grupo infantil, no que participa a rapazada de entre 7 e 11 anos, interpretará a obra “Berta News”, ás 20:00 horas. E, para rematar, o grupo xuvenil de maiores de 12 anos pechará a xornada con “Mentiras de pandilla”, xa ás 20:30 horas.