Pestanas principais

>Clausura dos grupos de rapaces/as da Escola Municipal de Teatro

Mércores, 19 xuño, 2024
Ás 17:30 horas

O mércores 19, o alumnado máis novo da Escola Municipal de Teatro chegará á Casa da Cultura do Milladoiro co grupo infantil de 3 a 6 anos, que novamente representará “Contemos un conto”, ás 17:30 horas; e co grupo infantil de 7 a 11 anos coa obra “O reino do derroche”, ás 20:00 horas. Xa ás 20:30 horas será a quenda do grupo xuvenil de maiores de 12 anos, que pechará a mostra coa representación de “Criaturiñas”.