- Tipo
A Plataforma Feminista Galega de Ames organiza un club de lecturas feministas co que recupera parte da actividade que tiña antes da pandemia. Reunirase de xeito trimestral en lugares públicos. En cada sesión decidirase o libro da seguinte reunión. O primeiro encontro terá lugar o vindeiro mércores, 25 de outubro, en Bertamiráns. Para este primeiro encontro elixiuse a obra Todos deberíamos ser feministas, da autora nixeriana Chimamanda Ngozi.
As reunións serán trimestrais e a primeira terá lugar o vindeiro mércores, 25 de outubro, na cafetería New York en Bertamiráns. Os lugares nos que se celebren os encontros serán sempre públicos para darlle visibilidade á actividade e a Plataforma. Co fin de poder organizar a actividade, que é de balde, será preciso inscribirse no correo electrónico vocesdemuller@gmail.com.
Os libros serán sempre curtos e en cada encontro decidirase cal será o seguinte que se lerá. Para este primeiro encontro elixiuse a obra Todos deberíamos ser feministas, da autora nixeriana Chimamanda Ngozi. Un libro que recolle o transcendental e emblemático discurso que deu a autora na súa TEDx Talk sobre o que significa ser feminista no século XXI. Este libro pode atoparse na biblioteca municipal. As persoas que o queiran mercar deben saber que ten un prezo de arredor de seis euros.
Chimamanda Ngozi, Todos deberíamos ser feministas
Chimamanda Ngozi Adichie é unha escritora nixeriana que trata na súa obras temas como o racismo, a emigración ou, como é o caso o feminismo. O seu pai foi profesor na primeira universidade de Nixeria e a súa nai a primeira secretaria da institución. El conseguiu unha beca para estudar nos Estados Unidos e ten varios libros publicados.
En Todos deberíamos ser feministas, Chimamanda di “hoxe gustaríame pedir que empecemos a soñar cun plan para un mundo distinto. Un mundo máis xusto. Un mundo de homes e mulleres máis felices e máis honestos consigo mesmos. E esta é a forma de empezar: temos que criar ás nosas fillas doutra forma. E tamén aos nosos fillos”.