luns, 13 Febreiro, 2023 a mércores, 15 Febreiro, 2023
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción da Saúde, informa de que unha unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” estará os días 13, 14 e 15 de febreiro no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro. Trátase dun programa da Xunta de Galicia que ofrece servizos gratuítos de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía ás persoas maiores de 55 anos. Para acceder ao servizo cómpre solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992, ou ben no enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.