Pestanas principais

>Concerto : "A danza do verán"

Venres, 13 setembro, 2024
Ás 18:00 horas

O venres 13 de setembro, ás 18:00 horas,  A Banda do Verán chegarán á Casa da Cultura de Bertamiráns con "A danza do verán". Dirixido a público familiar, trátase dun espectáculo de música en directo con danza, elementos teatrais e de clown.

É precisa inscrición previa, entre o 6 e o 12 de setembro, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.