Sábado, 11 novembro, 2023
Ás 18.30 horas
- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, Centro de información á Muller e Servizo de Normalización Lingüística, organizou o programa “Novembro Cultural”, que recolle actividades musicais e espectáculos de danza e teatro relacionados coa celebración de Santa Icía e coa conmemoración do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
“Novembro Cultural” comeza o sábado, 11 de novembro, ás 18.30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns co concerto de corais a cargo da coral Lembranzas de Santa Cruz de Oleiros, da coral polifónica Antonio Santomil de Bugallido e do grupo amesán Pandereteiras de Costaneira.