- Tipo
- Tematica
Este venres, 17 de xuño, remata o curso lectivo 2021/2022 na Escola Municipal de Música de Ames. Como soe ser tradicional, para pechar o curso realízase un concerto, pero este ano será no exterior da Casa da Cultura do Milladoiro. Participarán uns 130 alumnos/as en diferentes agrupacións onde poderán despregar todo o seu talento e demostrar así todo o aprendido durante o curso. Escoitarase un repertorio musical moi variado, que inclúe pezas de estilo tradicional, clásico e moderno. Debido á celebración de dito concerto, queda prohibido estacionar no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro, dende a media noite (ás 00.00h) do mércores 15 de xuño ata a media noite (ás 00.00h) do venres 17 de xuño.
A Escola Municipal de Música termina o curso escolar cun festival de fin de curso no que os alumnos de música e movemento, linguaxe musical, batería, guitarra, canto moderno, violín, saxo, frauta e piano realizarán un concerto aberto ao público este venres, 17 de xuño, ás 19:30 horas, no aparcamento da Casa da Cultura do Milladoiro, que inclúe pezas do estilo tradicional, clásico e moderno.
Participarán arredor de 130 alumnos en diferentes agrupacións onde poderán despregar todo o seu talento e demostrar así todo o aprendido durante o curso. O concerto terá unha duración aproximada de 1 hora e 45 minutos. Escoitarase un repertorio musical moi variado que de seguro será do agrado do público.
O obxectivo deste evento musical é mostrar parte do traballo que o alumnado das distintas disciplinas impartidas na EMMA realizou ao longo do curso lectivo que chega ao seu fin. Por elo, o programa esta marcado por unha ampla variedade de formatos, como pezas individuais, dúos e actuacións nas que participan agrupacións máis grandes. Asemade, o repertorio contén estilos para todos os gustos, dende actuacións nas que a música clásica é a protagonista ata pezas de música moderna, sen esquecerse da música tradicional.
Na actualidade, a Escola Municipal de Música de Ames conta con arredor de 180 alumnos e alumnas, de idades superiores aos seis anos. Dende a súa inauguración esta institución ten como obxectivo achegar a música á poboación de Ames dunha forma aberta, lúdica e creativa.
Peche do aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro
Debido á celebración de dito concerto, queda prohibido estacionar no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro, dende a media noite (ás 00.00h) do mércores 15 de xuño ata a media noite (ás 00.00h) do venres 17 de xuño. Durante a xornada do xoves e do venres realizaranse no aparcadoiro os traballos de montaxe e desmontaxe do escenario, onde actuará o alumnado da EMMA.