- Tipo
O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, será o escenario da actuación do grupo Leilía a partir das 22:00 da noite.
A actuación está patrocinada pola deputación de A Coruña, é de balde e forma parte do programa AmesON, encadrado no Plan Reactiva Ames, co que o Concello pretende dinamizar os sectores cultural e comercial de Ames.
O concerto é de balde e o aforo limitado para manter a distancia e as medidas de seguridade e hixiene que impón a loita contra o COVID19.
Tres décadas sobre o escenario, 5 discos editados, colaboracións con artistas da talla de Kepa Junquera ou Milladoiro e premios tan importantes como o “Rebulir de Cultura Galega” ou o Hent Sant Jaquez” que o European Forum Woldwide Music Festivals outorga ao mellor espectáculo europeo do ano, avalían a traxectoria deste grupo de cantareiras- pandereteiras que naceu coa intención de rcuperar do esquecemento á tradición oral galega.