Mércores, 18 agosto, 2021
- Tipo
- Tematica
O programa AmesON volve este mércores 18 de agosto á praza de Manuel Murguía do Milladoiro ás 20:00 horas. O concerto do grupo Son de Tres está enmarcado dentro do programa AmesON, deseñado pola Concellaría de Promoción Económica para promocionar o comercio local.
O penúltimo concerto do “AmesON”, dos trece que se programaron, será o do grupo Son de Tres.
As voces do trío van encher a praza da Madalena de cumbias, merengues e baladas. Música latina para revitalizar o sector da hostalaría e animar á veciñanza a gozar das noites do verán en Ames.
