Pestanas principais

>Concurso e desfile de disfraces no Milladoiro

Domingo, 2 marzo, 2025
A partir das 17.00 horas

Un ano máis, o Concello de Ames, en colaboración coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza unha programación de Entroido que se desenvolverá entre o mércores 26 de febreiro ata o venres 7 de marzo, con actividades que buscan, un ano máis, a colaboración da veciñanza e asociacións do concello. Ademais, mantéñense as localizacións dos actos establecidas o ano pasado, polo que o desfile de disfraces será no Milladoiro e o desfile e concurso infantil será en Bertamiráns. Deste xeito, búscase establecer e manter nunha mesma localidade cada unha das actividades do Entroido.

O domingo, 2 de marzo, organízase o concurso e desfile de Entroido do Concello de Ames, que se realizará no Milladoiro e no que poderán participar persoas de todas as idades tanto as persoas a nivel individual ou en grupo, asociacións legalmente constituídas, comunidades, etc.

A saída farase ás 17.00 horas dende o aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro. Os/as participante percorrerán as rúas do Milladoiro durante unha hora e media, polo que ás 18:30 horas terá lugar a entrega de premios no mesmo aparcadoiro da Casa da Cultura. O desfile estará amenizado polo grupo Charanga Mekánica.