- Tematica
O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, dependente da Concellería de Cultura, Turismo, Axenda Urbana e Comunicación, presenta a súa programación de contacontos para os primeiros meses do ano e que, como vén sendo habitual, traerá ata as bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns as mellores historias para que os máis cativos de Ames poidan gozar da lectura.
A segunda das sesións realizarase no mes de marzo, cos "Contos de granxa". En Milladoiro estarán o martes 25, mércores 26 e xoves 27 de marzo ás 17.30 horas. As inscricións para a actividade estarán abertas do 17 ao 22 de marzo e pódense facer chamando ao 981 530 807 ou enviando un correo electrónico a biblioteca@concellodeames.gal indicando o nome, apelidos e idade das crianzas que van a participar, xunto cun número de teléfono de contacto.
