Pestanas principais

>Cortello de amor (Amorodio Teatro) no Milladoiro

Venres, 7 febreiro, 2025
Ás 20.30 horas no Milladoiro

O Concello de Ames oferta para o primeiro semestre de 2025 unha programación de artes escénicas composta por un total de 13 obras, de teatro, danza e circo, dirixidas para público adulto e infantil. A terceira das actuacións será a da peza teatral "Cortello de amor", da compañía Amorodio Teatro, que se representará o 7 de febreiro, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica a partir do 8 de xaneiro.

"Cortello de amor", da compañía Amorodio Teatro é unha comedia que narra, cun chisco de humor, o problema actual da vivenda e o alto prezo dos alugueiros. A obra conta coa música do artista Grande Amore, incluíndo un tema inédito que só é posible escoitar xunto con esta representación teatral.

Unha comedia con retranca e sotaque que trata dos disparatados prezos dos alugueiros e do turismo non sostible. Jack e Rose son unha parella que anda pola trintena e que levan xuntos dende a adolescencia, van a un concerto do seu grupo favorito, Grande Amore, nunha praza céntrica a carón do seu piso. Tras unha festa memorable que paraliza a cidade pola auencia masiva de público, os membros do grupo non conseguen arrincar a súa furgoneta. Rose e Jack, fans incondicionais, non dubidan e deciden ofrecerlles a súa casa para pasar a noite e durmir eles dous no faiado.

Durante esa noite no rocho descobren que a súa paixón reavívase neste pequeno espazo. Encantados coas marabillas do faiado, teñen a idea de sacar uns cartos extra alugando a turistas o seu céntrico apartamento na zona vella dunha senlleira cidade galega, mentres eles aproveitan para pasar tempo no faiado, ao que chaman “niño de amor”. Todo vai sobre rodas mentres os nosos protagonistas acumulan cartos e soños de futuro, pero a todo porco lle chega o seu San Martiño: coa n do verán os ingresos baixan, a falta de espazo persoal ameaza con dinamitar a súa relación, a súa veciña anciá, dona Virtudes parece disposta a facerlles a vida imposible, e no negocio de turismo porcino (un resort de natación con porcos nas Rías Altas) no que Jack investiu os cartos gañados, anúnciase un fracaso absoluto. Jack e Rose veranse abocados a tratar de non afogar nun naufraxio que eles mesmos causaron. Terán que enfrontarse ao feito de que o seu niño de amor é un cortello e todo o que xeron, probablemente, unha merda.