- Tipo
- Tematica
O espazo de cowoking A Proa, no Milladoiro, organiza para o vindeiro xoves 16 de febreiro o taller “Mínima legal viable”, que versa sobre as esixencias legais coas que deben cumprir as persoas emprendedoras, e que será impartido polo avogado José Sendín. Terá lugar ás 12:00 horas, no local do centro A Proa. A entrada é de balde, e os interesados en asistir poden inscribirse premendo nesta ligazón.
José Sendín Rodríguez é avogado de Sistemius, un bufete especializado no dereito das novas tecnoloxías. Sendín adicou a súa carreira profesional ao asesoramento legal ás empresas con base tecnolóxica, elaborando contratos de desenvolvemento de software e redactando as súas licenzas; así como auditando páxinas web e acordos de confidencialidade, sempre co obxectivo de facer máis comprensible o sistema legal. Neste taller explicará os elementos que todo emprendedor debe coñecer para desenvolver a súa actividade.