- Tipo
- Tematica
O espazo de coworking A Proa, no Milladoiro, organiza o mércores 14 de decembro un novo evento. Desta volta trátase dun taller sobre a xestión do estrés no emprendemento, que será impartido por Eva Villar. Terá lugar ás 12:00 horas no local do centro A Proa. A entrada é de balde, e os interesados en asistir poden inscribirse premendo nesta ligazón.
Responsabilidade, obxectivos, imprevistos, frustración, dificultades, adversidades e moita presión forman parte habitual do proceso de emprendemento. O espazo colaborativo A Proa propón un taller da man de Eva Villar sobre como xestionar todos estes sentimentos a nivel emocional e mental, algo que pode marcar a diferenza para acadar mellores resultados á hora de emprender.
No obradoiro, Villar explicará cal é o funcionamento do estrés, como se dispara e por que resulta difícil saír dese estado con rapidez. Ademais, os asistentes aprenderán unha práctica sinxela para desactivar ese mecanismo de defensa, recuperar a calma e ser así capaces de afrontar os diversos retos de maneira máis centrada e con claridade.