Pestanas principais

>Curso de afondamento nos cogomelos

Sábado, 16 novembro, 2019
De 11.00 a 14.00 e de 16:00 a 19:00 horas

Curso que forma parte das xornadas micolóxicas organizadas pola Aula da Natureza para este outono. Terá lugar na Aula da Natureza (Quintáns, parroquia de Ameixenda), con horario partido de 11.00 a 14.00 horas pola mañá e de 16.00 a 19.00 horas pola tarde. O número de prazas é de 30 previa inscrición enviando un correo a auladanatureza@concellodeames.gal.

Neste curso realizarase un maior afondamento no coñecemento dos cogomelos: o uso de claves, o cultivo e o seu posterior cociñado. Inclúe unha saída.

Para máis información chame ó número 660 004 665.