Pestanas principais

> Curso de interpretación do patrimonio natural

venres, 24 Marzo, 2023 a domingo, 26 Marzo, 2023

A Aula da Natureza do Concello de Ames organiza para os días 24, 25 e 26 de marzo un curso de interpretación do patrimonio natural. O taller está dirixido a guías de natureza, guías turísticos, monitores de tempo libre, e, en xeral, persoas interesadas en comunicar valores ambientais. Terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. As persoas que queiran anotarse deben enviar a ficha de inscrición que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

O curso terá unha duración de 16 horas, repartidas da seguinte maneira: o venres 24 desenvolverase de 16:00 a 20:00 horas, o sábado 25 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e o domingo 26 de 10:00 a 14:00 horas.

A encargada de impartir a formación será Isabel Fernández Domínguez, da Asociación para la Interpretación del Patrimonio. Fernández Domínguez é consultora e formadora especializada en interpretación do patrimonio, turismo sostible, comunicación accesible e educación ambiental. Conta cunha experiencia de máis de 20 anos en proxectos relacionados coa difusión e a interpretación do patrimonio, a accesibilidade, o turismo sostible e o uso público en espazos naturais protexidos. Actualmente, ademais, é titora e profesora do Programa Formativo de Guías de la Red de Parques Nacionales en España.

As persoas interesadas en participar no curso deben inscribirse previamente, enviando a ficha de inscrición que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.