Mércores, 17 xullo, 2024
Ás 21:00 horas
- Tipo
- Tematica
O mércores 17 de xullo, ás 21:00 horas, a bailarina Paula Quintás representará no parque do Ameneiral de Bertamiráns a súa proposta “Multiperspectivas#2”. Trátase unha proposta orixinal e novidosa que parte da perspectiva do espectador como reflexión contemporánea. Combina improvisación teatral, danza e circo, deixando espazo para a interacción co público e experimentando así cos límites das artes escénicas para enfrontarse coa realidade do espazo que nos rodea.
Este espectáculo abrirá a programación municipal de artes escénicas do segundo semestre,e está integrado no convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.